Inicio | Asociados | Como asociarse e servizos |Novas | Ofertas de emprego | Formación e cursos | Contacto
Ver todas

AMPLIACION PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DAS SUBVENCIÓNS MELLORA DE HOTEIS I E RESTAURANTES


No DOGA nº 197 publicado o 16 de Outubro de 2012 aparecen recollidas duas modificación relativas as subvencións publicadas anteriormente no DOGA e que son as seguintes;

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2012, da Secretaría Xeral para o Turismo,
pola que se modifica a do 22 de xuño de 2012 pola que se establecen as
bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva,
de subvencións a entidades privadas para incentivar o turismo mediante a
mellora de establecementos hoteleiros do grupo I e a creación ou mellora da
oferta complementaria de establecementos hoteleiros do grupo I existentes
na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de
Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia
2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012 e RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2012, da Secretaría Xeral para o Turismo,
pola que se modifica a do 22 de xuño de 2012 pola que se establecen as
bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva,
das subvencións para a potenciación do turismo mediante a mellora de
establecementos restaurantes e se procede á súa convocatoria para o ano 2012,
cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do
programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

Tendo en conta que a data de convocatoria das axudas, o número de
solicitudes presentadas, o elevado número de requirimentos que foi necesario realizar co
obxecto de que as persoas interesadas emendaran a documentación inicialmente presentada
e as dificultades da súa valoración produciron un atraso na resolución da convocatoria
e que, por outra banda, o prazo para presentar a conta xustificativa da primeira anualidade
(2012) remata o 30 de decembro de 2012, de conformidade co disposto no artigo 17.2 das
bases reguladoras, considérase adecuada unha modificación do prazo de presentación do
proxecto de execución definitivo e do documento acreditativo do nomeamento do director
de obra, co obxecto de que os beneficiarios poidan presentar a citada documentación con
anterioridade ao remate do prazo de presentación da conta xustificativa.
Á vista do anterior, procédese á modificación do artigo 17.1 e do artigo 18.1 do anexo I das mencionadas subvencións, que trata sobre os prazos das mesmas.








ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE HOSTALERIA FERROL E COMARCAS. Copyright © 2011