Inicio | Asociados | Como asociarse e servizos |Novas | Ofertas de emprego | Formación e cursos | Contacto
Ver todas

SUBVENCIONES A AUTÓNOMOS XOVES INSCRITOS NO SISTEMA DE GARANTÍA XUVENIL


ORDE do 4 Agosto 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesiíon de subvencións destinadas a incentivar o emprego autónomo e a contratación de persoas mozas inscritas no sistema nacional de grantia xuvenil, a través do Program I (emprego autónomo), Programa II(fomento da contratación por el conta allea) e programa III (programas de cooperación a entidades sen animo de lucro)
Doga 148 Venres. 4 Agosto de 2017

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do for-mulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).


PROGRAMA I: PROMOCION EMPREGO AUTÓNOMO

Beneficiarios;

Serán beneficiarias aquelas persoas que causen alta no réxime especial de autóno¬mos, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación, sempre que cumpran as seguintes condicións:

a) Estar inscritas como demandante de emprego nos servizos públicos de emprego. No Sistema de Garantía xuvenil.

b) Ter solicitada a alta como autónomo con anterioridade á presentación da solicitude da subvención.
c) Desenvolver fundamentalmente a súa actividade empresarial ou profesional en Gali¬cia (segundo a alta no imposto de actividades económicas ou no censo de obrigados tribu¬tarios da Axencia Estatal de Administración Tributaria, modelo 036 ou 037).
e) Non ter percibido subvencións ao abeiro dos distintos programas de emprego autó-nomo nos tres anos anteriores á data do inicio da nova actividade

f) Non ter desenvolvido como persoas traballadoras autónomas a mesma ou similar ac¬tividade na mesma localidade, nos seis meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade, nin estar de alta como persoas traballadoras autónomas en calquera réxime da Seguridade Social, sempre que a dita situación de alta presupoña actividade, nos tres meses inmediatamente anteriores. Para estes efectos, entenderase por mesma actividade a coincidencia ao nivel de 3 díxitos da Clasificación nacional de actividades económicas (CNAE).

2. As persoas traballadoras autónomas ou por conta propia poderán ser beneficiarias das axudas deste programa cando formen parte de comunidades de bens ou sociedades civís de nova creación, sempre que as soliciten a título persoal. Neste caso, a comunidade de bens ou sociedade civil deberá estar constituída previamente á presentación da solici¬tude de subvención.
3. Quedan excluídos deste programa as persoas socias de sociedades mercantís, coo-perativas e sociedades laborais e os autónomos colaboradores

Contía da subvención:
Establécese unha contía base de 4.000 € para todas aquelas per¬soas que teñan a condición de beneficiarias.
Esta contía base incrementarase nun 25 % nos seguintes casos:
a) Se a persoa incorporada é unha muller.
b) Se a persoa incorporada ten discapacidade ou se atopa en situación ou risco de ex-clusión social.
c) Se a persoa incorporada pertence a unha unidade familiar en que todos os seus membros están desempregados.
d) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) da persoa autónoma estea situado nun concello rural.

Deste xeito, a contía máxima posible, de aplicarse todos os incrementos, sería de 8.000 €.

Plazo presentación:

O prazo para a presentación de solicitudes de axudas do programa para a promoción do emprego autónomo será contado a partir do día seguinte á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de setembro de 2017.

AXUDAS A PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMOS POLA CONTRATACIÓN INDEFINIDA DE PERSOAS ASALARIADAS




Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola contratación que realicen con carácter indefinido entre o 1 de outubro 2016 e ata o 30 de Setembro de 2017de mozos inscritos no sistema de Garantía Xuvenil.

Poderán ser beneficiarias das axudas as transformación en indefinidos dos contrato temporais realizados dende o 1 de outubro de 2016, sempre que a transformación se formalice ata o 30 de Setembro de 2017, formalizadas con persoas mozas inscritas no Sistema de Garantía Xuvenil.


Plazos:
As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2016 e a data da publicación desta orde deberán presentarse no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación da orde.

As axudas previstas polas contratacións subvencionables realizadas desde a entrada en vigor desta orde deberán solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida pola cal se solicita subvención. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2017, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado no parágrafo anterior.

Contías:

1. As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse coas seguintes axudas: 7000 €
Estas contías base incrementaranse nun 25 % nos seguintes casos:
a) Se a persoa incorporada é unha muller.
b) Se a persoa incorporada ten discapacidade ou se atopa en situación ou risco de ex-clusión social.
c) Se a persoa incorporada pertence a unha unidade familiar en que todos os seus membros están desempregados.
d) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) da persoa autónoma estea situado nun concello rural.

Cando se trate de contratacións indefinidas cunha xornada a tempo parcial, as con¬tías dos incentivos serán proporcionais ao tempo efectivo de traballo.
Tamén existen subvencións á contratación temporal de persoas mozas inscritas no sistema de Garantía Xuvenil cunha duración superior a 6 meses.

Pódense consultar no DOGA as bases completas relativas a estas subvencións









ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE HOSTALERIA FERROL E COMARCAS. Copyright © 2011